O proxecto Coopera+
Benvido ó portal do Proxecto Coopera+
O proxecto COOPERA+ é un proxecto europeo (cofinanciado polo PROGRAMA DE COOPERACIÓN TERRITORIAL ESPAÑA - PORTUGAL 2007 -2013), cuxo obxectivo é articular medidas que contribúan ao fomento e consolidación das cooperativas na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, co fin de xerar máis e mellores empregos, mediante a realización de accións de asesoramento, formación e información dos diferentes axentes galegos e portugueses vinculados á promoción do cooperativismo e da economÃa social.
Â
Xustificación da necesidade
Na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal existen unhas 2.000 cooperativas que empregan ao 2% da poboación activa da zona. Trátase ademais dun emprego estable e de calidade, onde se potencian os coñecementos e habilidades dos socios e se contribúe ao desenvolvemento local.
Pero a pesar do potencial das Cooperativas como motor xerador de emprego e estabilidade social da Eurorregión, son varias as barreiras que frean o seu desenvolvemento, sendo as principais:
·        Non existen suficientes servizos de asesoramento proactivo para a articulación de cooperativas como vÃa de inserción laboral. Este tipo de servizos dirixÃronse tradicionalmente ás PEMEs en xeral, pero o sector cooperativo non conta cunha atención especÃfica neste sentido, unha atención que resulta necesaria dadas as súas caracterÃsticas especiais.
·        Existe unha baixa capacitación ou inadecuación ás necesidades do mercado dos profesionais das cooperativas debido a que a maiorÃa destas xorden como unha actividade emprendedora, impulsada pola ilusión dos promotores pero sen a formación necesaria en moitos casos, o cal deriva en preocupantes taxas de mortaldade empresarial próximas ou por enriba do 50% e nunha escasa apertura ao mercado, polo que se fai necesario desenvolver accións de apoio ás cooperativas que contribúan a paliar esta debilidade, tales como servizos de apoio e asesoramento que permitan a mellora do funcionamento e das estruturas das cooperativas.
·        Destaca ademais a escasa introdución de aspectos innovadores na xestión e comercialización de produtos asà como o descoñecemento dos mercados, o cal redunda nunha falta de competitividade das Cooperativas, factor clave para sobrevivir nun ámbito globalizado como o actual. Para iso é necesario apoiar ás cooperativas en aplicar medidas innovadoras na súa xestión interna asà como na comercialización e internacionalización dos seus produtos e/ou servizos
·        Todo iso sumado ao illamento que supón o feito de que moitas destas cooperativas se situan fundamentalmente nun ámbito rural, afastado dos principais circuÃtos comerciais e de innovación empresarial.
OBXECTIVO XERAL DO PROXECTO
Articular medidas que contribúan ao fomento das cooperativas e á consolidación destas na Eurorrexión co fin de xerar máis e mellores empregos na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.